gaiteiros da ria
Quen somos?
Os Gaiteiros da Ría somos un conxunto de músicos profesionais no eido da música tradicional galega. Coa ría de Vigo como nexo de unión, e a paixón pola nosa cultura como motor principal, formamos este proxecto co obxectivo de ofertar actuacións para toda clase de eventos.
Cun formato musical variable e adaptado ás necesidades de cada actuación, abogamos por profesionalizar, dignificar e manter viva a figura do gaiteiro e dos cuartetos e quintetos de gaitas.
A nosa musica
O noso repertorio está composto por música popular e tradicional galega. Interpretamos muiñeiras, xotas, pasodobres, mazurcas, valses, polcas, marchas… e tanto botamos pezas xa clásicas da nosa música como composicións de gaita máis recentes. E por suposto, aceptamos peticións!
Cun formato musical variable e adaptado ás necesidades de cada actuación, abogamos por profesionalizar, dignificar e manter viva a figura do gaiteiro e dos cuartetos e quintetos de gaitas.
A nosa formación principal é a mesma que a dos tradicionais cuartetos galegos: dúas gaitas que debuxan a melodía na compaña de tambor e bombo. Esta configuración pode ampliarse aumentando o número de gaitas, incluíndo outros instrumentos melódicos como a requinta, ou ampliando a percusión cunha pandeireta. O formato pode reducirse tamén a dous integrantes, cunha gaita e un tambor.
Integrantes
Gabriel Pérez Torrón
“Gabi Vacaloura”
Músico profesional e divulgador da música tradicional galega. Mestre de gaita na A.V.C.
Casco Vello de Vigo, na A.V. de Teis e na A.C. Peis D’hos de Cangas. Director do coro de música tradicional Tirapuxa de Trasmañó. Membro dos grupos Os Carunchos, Os Beretes de Chapela e Os Vacalouras.
Juan Álvarez Iglesias
Músico profesional e divulgador da música tradicional galega. Mestre de música
tradicional na A.V.C. Casco Vello de Vigo, na A.V. de Teis, na A.V.C de San Andrés de
Comesaña, na A.V.C. de Vilar de Lavadores e na A.C. Peis D’hos de Cangas. Membro dos grupos Os Carunchos, Os Beretes de Chapela e Os Residuos Atractivas.
Alberto Pires
Músico profesional e divulgador da música tradicional galega. Recoñecido artesán de gaitas galegas e membro dos grupos @s Re-Torcid@s, Poalleira e Os Canallas.
Miguel Rivas
Músico profesional e artesán de instrumentos tradicionais de percusión. Mestre de
percusión nos concellos de Vigo, Gondomar, Mos, Bueu e Covelo. Foi membro de diversas formacións como Moxenas Musical Galego, Lembranzas Galegas, Traspés e Xarabal. Acadou tamén diversos premios en concursos como Xancarandaina, Ponteareas, Gaiteiro de Soutelo e Luou.
Luis Correa Piñeiro
“Luis Caruncho”
Músico profesional e divulgador da música tradicional galega. Cun amplo historial de
asociacións nas que exerceu como mestre por toda Galicia, actualmente ofrece clases
na Peña Xuntanza de Coia, no CRAC de Coruxo, na agrupación Anaquiños de Chapela, no C.C. de Vincios, e na Casa do pobo do Monte do Coello en Soutomaior. Imparte tamén obradoiros de regueifa en centros educativos de toda Galicia. Membro dos grupos Os Carunchos, Os Folieiros, Sobre
Rodas e o Coro Cantares do Brión.
E moitos mais!
Se ben estas cinco persoas integramos principalmente o proxecto, contamos con máis compañeiros e compañeiras profesionais da música tradicional para ampliar ou cubrir as necesidades de cada actuación.
Alguns videos
Muiñeira dos Areeiras (Os Areeiras de Catoira)
De Vigo a Pontevedra (Os Morenos de Lavadores)
Árdelle o eixo Carballeira!
Viva a música da nosa Terra!
Queredes foliada rachada?