Saltar ao contido

Contratar Gaiteiros Galegos

Gaiteiros para vodas

Sexa na propia cerimonia, amenizando nos entrantes do convite, ou de festa despois da comida, o son da gaita nas vodas préstase a acompañar unha ocasión tan especial para toda a xente que aprecie as nosas raíces e a nosa cultura.

Gaiteros para pasarrúas

A figura do gaiteiro sempre tivo especial protagonismo nas nosas festas patronais. Percorrer tocando as rúas e prazas do pobo nos días sinalados foi dende sempre unha das tarefas máis comúns entre os gaiteros desta Terra. Se ben coa chegada das bandas de música e as charangas diversificouse este traballo, non é pouca a xente que se emociona ao escoitar pasar os gaiteiros baixo a súa casa.

Gaiteiros para procesións

Acompañando ás imaxes ao saír da igrexa ou capela, as procesións adoitaban ser amenizadas por un gaiteiro ou cuarteto. Proba disto é a boa cantidade de marchas procesionais no repertorio tradicional galego. Aínda que a día de hoxe as bandas de música tamén cobren este espazo, os gaiteiros seguen aportando un son solemne e enxebre en moitas procesións do país.

Gaiteiros para romarías e festas

Pola contra doutras culturas europeas, en Galicia a gaita é un instrumento cun marcado carácter festivo. Sexa no entroido, nas romarías ou en calquera tipo de evento, a música tradicional galega nunca está fora de lugar. Non hai romaría sen gaiteiro!