Contratar Gaiteiros Galegos
Estamos á túa disposición para animar calquer evento. Se queres contratarnos, só tes que poñerte en contacto con nós e falamos en todo detalle das do que precisedes para que todo saia perfecto.
Gaiteiros para vodas
Sexa na propia cerimonia, amenizando nos entrantes do convite, ou de festa despois da comida, o son da gaita nas vodas préstase a acompañar unha ocasión tan especial para toda a xente que aprecie as nosas raíces e a nosa cultura.
Gaiteros para pasarrúas
A figura do gaiteiro sempre tivo especial protagonismo nas nosas festas patronais. Percorrer tocando as rúas e prazas do pobo nos días sinalados foi dende sempre unha das tarefas máis comúns entre os gaiteros desta Terra. Se ben coa chegada das bandas de música e as charangas diversificouse este traballo, non é pouca a xente que se emociona ao escoitar pasar os gaiteiros baixo a súa casa.
Gaiteiros para procesións
Acompañando ás imaxes ao saír da igrexa ou capela, as procesións adoitaban ser amenizadas por un gaiteiro ou cuarteto. Proba disto é a boa cantidade de marchas procesionais no repertorio tradicional galego. Aínda que a día de hoxe as bandas de música tamén cobren este espazo, os gaiteiros seguen aportando un son solemne e enxebre en moitas procesións do país.
Gaiteiros para romarías e festas
Pola contra doutras culturas europeas, en Galicia a gaita é un instrumento cun marcado carácter festivo. Sexa no entroido, nas romarías ou en calquera tipo de evento, a música tradicional galega nunca está fora de lugar. Non hai romaría sen gaiteiro!